top of page

Melide abrirá o domingo o mercado de téxtil, calzado e ferraxaría, uníndose ao de produtos agrarios



Laura Moure/Melide

Melide recuperará este domingo, día 28, o seu mercado dominical de téxtil, calzado e ferraxería, tal e como indica o Concello. O mercado agroalimentario continuará situándose na súa ubicación habitual, a Praza das Coles e na rúa Alhóndiga, mantendo sempre as distancias entre os postos e velando polo cumprimento estrito das normas sanitarias establecidas.


O mesmo acontecerá co mercado de téxtil, calzado e ferraxaría que seguirá celebrándose na rúa Galicia e na Praza das Universidades co obxectivo principal de garantir as distancias sociais e facilitar a mobilidade. Levarase a cabo un dispositivo especial de vixianza para velar pola seguridade de veciños e visitantes.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page