top of page

Melide abre o prazo de matrícula para o novo curso do Conservatorio Profesional de Música

Estará aberto ata o venres,16 de setembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, como vén sendo habitual nestas datas, abre o prazo para realizar a matrícula nas ensinanzas que se imparten no Conservatorio Profesional de Música de Melide. Dende o pasado venres día 2 de setembro e ata o vindeiro día 16, as persoas

interesadas en realizar a inscrición en calquera das ensinanzas musicais do

conservatorio poden realizar a súa matrícula no Edificio Multiusos en horario de

mañá de 9:00 a 14:00 horas.

ree

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto a través do teléfono 981 507 929 ou ben no correo electrónico multiusos@concellodemelide.gal

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Máis de 20 especialidades

O Conservatorio Profesional de Música de Melide ofrecerá formación en diferentes disciplinas musicais, no apartado de corda, impartirase violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e óboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abano de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page