Melide abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e do centro social
- Laura Moure
- 11 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ofertanse máis dunha vintena, todas darán comezo o 2 de outubro e o prazo de inscrición empeza este luns
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide retomará a actividade das Escolas Deportivas e Culturais o próximo 2 de outubro. O prazo para realizar a inscrición comezará este luns, día 12, e finalizará o 23 de setembro.

Así, o Concello ofrecerá para este curso máis dunha vintena de modalidades deportivas e culturais nas que tanto empadroados como non empradroados poderán participar para manter o seu corpo e mente activos durante os vindeiros meses.
A inscrición poderá realizarse de xeito presencial nas dependencias do Concello de Melide ou a través da sede electrónica. Esta última opción é a máis recomendable para evitar aglomeracións na Casa Consistorial.
Dende as Concellarías de Cultura, Deportes e Política Social pretenden con esta variedade de posibilidades, tanto de actividades como de horarios, que toda a veciñanza poida participar.
TODA A INFORMACIÓN DAS DISTINTAS ACTIVIDADES NA IMAXE:

Comentários