top of page

Megodeza: unha empresa lalinense e familiar con máis de 30 anos de traxectoria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou este xoves esta empresa frigorista de Deza


Laura Moure/Lalín

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou este xoves en Lalín a aposta innovadora de empresa frigorista Megodeza, da que destacou que é a oitava máis grande do seu sector en toda España. Conde puxo en valor o labor desta compañía familiar con máis de 30 anos de traxectoria que está en pleno proceso de crecemento grazas a ampliación das súas instalacións -segundo Cepyme figura como unhas das 500 empresas con maior crecemento de toda España en 2021. Unha empresa que, ademais, está apostando pola innovación, a sustentabilidade e a internacionalización.

ree

Conde trasladou á firma de Lalín o compromiso e apoio da Xunta de Galicia para que poida seguir neste crecemento ascendente e lembrou as medidas que o Goberno galego

ten a disposición do conxunto do tecido empresarial para impulsar a súa competitividade. “Seguiremos implementando medidas pensando nas pemes e en como podemos ser útiles

para a iniciativa empresarial e a xeración de emprego”, destacou.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste sentido, a Xunta apoia o financiamento empresarial a través da Axenda financeira

2022 que, entre outras liñas, inclúe por primeira vez a posibilidade de pedir axudas e

financiamento nun mesmo expediente, a través dos préstamos parcialmente

reembolsables. Tamén están abertas, nestes momentos, liñas para impulsar a dixitalización, proxectos de loxística avanzada e sostible ou a economía circular.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page