top of page

Medio século de historia no CEIP de Antas de Ulla

Este centro educativo celebrou o seu aniversario o venres arroupado polo cariño dunha gran familia


Laura Moure/Antas de Ulla

As aulas, o patio e as distintas estancias do CEIP de Antas de Ulla son testemuños de todos os momentos vividos neste centro ao longo destes 50 anos. Por el pasaron distintas xeracións para formarse academicamente, pero tamén como persoas. De aí saíron moitos compañeiros dos cales xurdiron amizades de verdade que perduran co paso do tempo.

"O colexio de Antas de Ulla estivo ateigado de xente para celebrar o medio século de vida do centro. Alumnos, exalumnos, mestres, a ANPA e a gran familia que se crea ano tras ano arredor do centro participaron nun acto moi emotivo no que non faltou a música e a proxección dun documental que pronto poderemos compartir", resalta o Concello. "Moitos parabéns a todos e todas e noraboa ao centro pola organización do acto, que foi un éxito!", engade.

Sen dúbida, este venres foi unha xornada moi emotiva e agora toca seguir sumando! Parabéns a tod@s os que formastes, formades e formaredes parte deste centro educativo!

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page