A titular da Consellería destacou a excelencia das denominacións de orixe protexidas Arzúa Ulloa e Queixo de Tetilla
Ecos da Comarca/Arzúa
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este martes as instalacións da Queixería Barral, no concello de Arzúa. Alí destacou o apoio da Consellería á transformación do leite en Galicia e á calidade dos queixos da nosa comunidade. Nesta liña, recordou a Estratexia de Dinamización do sector lácteo e o compromiso do Goberno galego a prol da estabilidade da cadea de valor e os prezos do leite.

Gómez puxo en valor a aposta pola innovación e o desenvolvemento sostible da queixería así como a remuda xeracional, representada na figura de Isabel Barral, que continúa o labor da súa familia. Nesta liña, a titular de Medio Rural salientou a excelencia das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa e Queixo de Tetilla, nas que se enmarcan os produtos máis recoñecidos de Queixerías Barral. Asemade, valorou que este mesmo ano, a empresa recibiu tres distintivos importantes no seu sector.
Publicidade
Por un lado, nas Catas de Queixos de Galicia, alzouse coa prata no grupo Queixo de Tetilla. Un produto polo que tamén ocupou o primeiro posto na categoría “Vaca Xove” na 14º edición de Gourmet Quesos, onde se escollen os mellores queixos do país. Ademais, a conselleira felicitou a Queixería Barral pola súa aposta pola innovación e sustentabilidade, en referencia ao recoñecemento outorgado por Galicia Alimentación a Produto Innovador polo seu queixo de trufa e boletus e polo recentemente estreado selo IFS Food. Unha certificación que recibe por primeira vez unha queixería e que garante que
se cumpren todos os requisitos das especificacións de produción.
Transformacións do leite en Galicia e estabilidade do sector
A titular de Medio Rural resaltou as axudas para a transformación e comercialización de produtos agroalimentarios en Galicia, para as que se destinaron 30 millóns de euros na última convocatoria e a través das que se beneficiaron máis de 550 proxectos empresariais dende 2016. Queixerías Barral recibiu nos últimos tres anos achegas nesta
materia.
Publicidade
Ademais, María José Gómez fixo referencia á necesidade de estabilidade no conxunto da
cadea de valor do sector, incidindo no mantemento dos prezos do leite e o esforzo de consenso entre os axentes sectoriais.
Comentarios