top of page

Medio Rural reafirma o apoio coa remuda xeracional na VIII Escola de Futuros Gandeiros de Lalín

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu á demostración de Preparación e Presentación de animais celebrada no marco desta iniciativa

Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, asistiu o venres á demostración de Preparación e Presentación de animais celebrada no marco da VIII Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros. A actividade supuxo o colofón desta iniciativa, que se desenvolveu na Finca Mouriscade e na que tomaron parte máis dunha vintena de mozas e mozos de entre 9 e 25 anos.

O director xeral trasladou os parabéns a todos os participantes e puxo en valor esta Escola como medio de impulso á remuda xeracional nas explotacións, un asunto que, reiterou, constitúe unha das principais liñas de traballo da Consellería. Así, o Goberno galego impulsa diversas ferramentas para favorecer esta remuda, a través da formación, as axudas para a incorporación de mozas e mozos e de novos activos ao sector, os plans de mellora ou o Banco de explotacións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Sobre o compromiso da Xunta coa formación agraria, subliñou que se pon de manifesto especialmente co labor dos seis centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) adscritos a Medio Rural e que, tal como destacou, están rexistrando unha elevada demanda de prazas de cara ao vindeiro curso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

José Balseiros felicitou tamén aos organizadores desta Escola, a Federación Frisona Galega e o Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia, que promoven a iniciativa co apoio de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e da Deputación Pontevedra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page