Así o trasladou hoxe a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aos veciños das zonas afectadas que son A Baíña- Berredo-Órrea, Agra-O Sexo-Val de Sangorza e Basadre-Eidián-Ramil
Ecos da Comarca/Agolada
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá con veciños interesados das concentracións parcelarias de A Baíña-Berredo-Órrea, Agra-O Sexo-Val de Sangorza e Basadre-Eidián-Ramil, todas elas no concello de Agolada. Alí, anunciou que o vindeiro 5 novembro publicarase no Diario Oficial de Galicia o estudo previo de inicio de estas zonas de reestruturación parcelaria, avanzando deste xeito no proceso para o seu decreto.
Paz Rodríguez informou nesta xuntanza da situación actual destas parcelarias que van permitir reordenar 1.359 hectáreas en A Baíña- Berredo-Órrea, outras 1.156 en Agra-O Sexo-Val de Sangorza e 1.438 en Basadre-Eidián-Ramil, cun investimento previsto de
case 11 millóns de euros para todas elas. Trala exposición pública do estudo previo de inicio e coa súa aprobación, proporase o decreto de utilidade pública para a súa aprobación.
Publicidade
Ademais, no termo municipal de Agolada xa se remataron 13 zonas de concentración parcelaria, que abarcan unha superficie de 5.323 hectáreas, o que supón aproximadamente o 36% da superficie total do concello.
Posta en valor do territorio
O obxectivo de todos estes traballos é o de poñer en valor o territorio e, desde o ano
2020, a Xunta rematou un total de 33 concentracións parcelarias, que abarcan unha
superficie total de máis de 22.000 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.600
propietarios que recibiron uns 37.600 títulos de propiedade.
Publicidade
Ademais, desde o ano 2021 decretáronse 29 novas parcelarias, que abarcan case 24.000 hectáreas e máis de 111.500 parcelas de máis de 16.300 titulares. No próximo 2025 manterase o compromiso con este tipo de procesos a través dun investimento de case 20
millóns de euros para seguilos fomentado, ao igual que as ferramentas recollidas na Lei de
recuperación da terra agraria.
Komentarze