Medio Rural publica hoxe o convenio con Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias
- ecosdacomarca

- 29 dic 2025
- 2 Min. de lectura
Xa se poden adherir os Concellos interesados
Ecos da Comarca/Xeral
A Consellería do Medio Rural publica no Diario Oficial de Galicia o convenio coa empresa pública Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, ao cal xa se poden adherir os concellos interesados para recibir o apoio da Xunta na realización destas tarefas. Este novo acordo, asinado ata 2029, ten como obxectivo apoiar a localidades e propietarios a poder cumprir coas súas obrigas normativas.

Este acordo, que acaba de asinarse co fin de poder comezar coas tarefas no inicio de
2026, presenta importantes novidades, como o aumento do orzamento destinado a estas
tarefas, que se duplica ata os 25 millóns de euros anuais, nos que se inclúe o fondo
específico de Limpeza de Faixas, dotado con 10 millóns de euros por anualidade.
Seguindo esta liña, reforzarase o apoio para municipios e particulares, especialmente
naqueles concellos de menos de 10.000 habitantes, para facilitar que se cumpran as
obrigas. De feito, nestes concellos a Consellería poderá asumir a competencia para
ordenar a execución subsidiaria.
Publicidade
Por outra banda, axilizaranse as execucións subsidiarias nas zonas de risco de incendio
nas que os propietarios dos predios non cumpran cos seus deberes, tal e como se recolle
na Lei de medidas dos orzamentos de 2026. Outra das novidades é o aumento do número
de parroquias priorizadas, aquelas nas que os titulares poden contratar os servizos de
Seaga a un custe reducido, que pasan de 157 en 2025 a 276 en 2026.
Máis de 25 millóns de parcelas inspeccionadas
Ao abeiro deste convenio tamén se lle presta apoio ás localidades para revisar, modificar e
elaborar o plan municipal de prevención; así como colaboración para levar a cabo as
inspeccións e notificacións aos propietarios. A maiores, seguirase ofrecendo a posibilidade
de que Seaga realice execucións subsidiarias en ata 10 hectáreas por concello e ano fóra
das parroquias priorizadas, e a limpeza de 12 quilómetros de vías municipais.
Publicidade
Cómpre lembrar que Consellería do Medio Rural desenvolve este sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias dende o ano 2018. Ao longo dos anos adheríronse un total de 292 concellos de toda Galicia, 268 deles co plan de prevención
aprobado. Dende o ano 2021 inspeccionáronse máis de 2,5 millóns de parcelas e
realizáronse rozas de xeito subsidiario en máis de 6.500 predios. No eido das parroquias
priorizadas, contratáronse os servizos de Seaga en máis de 27.200.
Resolución no DOG:
0001_gl.html.








Comentarios