Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e transformación dos produtos agrarios
- ecosdacomarca
- 9 may
- 2 Min. de lectura
As instalacións desta empresa están situadas no concello lucense de Chantada, pero os seus propietarios son de Rodeiro
Ecos da Comarca/Rodeiro
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada por altos cargos do seu departamento, visitou onte as instalacións de Daveiga, situadas no concello lucense de Chantada e cuxos propietarios son de Rodeiro, no marco do Comité de seguimento rexional do Plan Estratéxico da PAC (Pepac).

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que elabora Galletas Mariñeiras, un produto no que foi pioneira á hora de introducila no mercado e a cal conta cun gran potencial de crecemento. Por iso, puxo
como exemplo a Daveiga da innovación dentro do sector agroalimentario pola que se
aposta desde o Goberno galego.
Publicidade
María José Gómez sinalou que esta empresa é beneficiaria das axudas á transformación e
comercialización de produtos agrarios, que están cofinanciadas polo Fondo Europeo
Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), e a través das cales se lle concederon preto
de 1,5 millóns de euros desde 2015 para a posta en marcha de diferentes proxectos
encamiñados a consolidar a súa posición nos mercados.
Publicidade
Deste xeito, financiouse, entre outros, a construción e posta en marcha dun novo obradoiro
industrial, así como adquisición de todo aquel equipamento necesario para desenvolver a
actividade industrial da empresa, co obxecto de incrementar a capacidade produtiva. A
maiores tamén se contribuíu á dotación dunha nova liña multiproduto de panadaría de
longa duración e adaptada á elaboración de produtos sen glute, así como a instalación de
máquinas na sección de envasado destas novas instalacións.
Comments