top of page

Medio Rural inviste 680.000 euros na mellora de camiños na comarca da Ulloa

29 jul
2 min de lectura

A conselleira de Medio Rural visitou unha das actuacións acometidas no de Palas de Rei, que recibiu case 269.000 euros nos últimos tres anos para mellorar as súas infraestruturas


Laura Moure/A Ulloa

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou o investimento de 680.000 euros na mellora de camiños nos concellos da comarca da Ulloa desde o ano 2023. Este martes puido comprobar os resultados dunha actuación realizada ao abeiro do Plan Camiña Rural na localidade de Palas de Rei, onde estivo acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Detallou que, a través de diversas convocatorias, o concello de Palas de Rei mellorou tres camiños cun orzamento de case 269.000 euros; no de Monterroso foron outras tantas vías

cun investimento de preto de 195.000 euros; e en Antas de Ulla tamén se actuou en tres

camiños para os que se destinaron uns 217.000 euros. Neste sentido, a conselleira puxo

en valor que este tipo de iniciativas impactan de xeito positivo no rural, xa que se optimizan

unhas infraestruturas estratéxicas na dinamización social e económica do agro e vertebran o territorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.


Segundo sinalou a titular de Medio Rural, todos os concellos galegos poden beneficiarse

 do Plan Camiña Rural. A través del subvenciónanse a ampliación e a mellora de camiños

que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación.


19 millóns de euros na convocatoria 2026-2027

A conselleira lembrou que este ano se convocou novamente o Plan Camiña Rural para os anos 2026 e 2027, cun investimento de preto de 19 millóns de euros. Neste sentido, o concello de Palas de Rei ten asignada unha axuda de máis de 36.000 euros; o de

Monterroso, máis de 60.000 euros; e o de Antas de Ulla, con preto de 70.000 euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ao abeiro destas achegas, que se convocan anualmente, a Consellería destinou preto de 156 millóns de euros para reparar os camiños de localidades de toda Galicia desde 2016.

Tendo en conta tamén os traballos da convocatoria pasada, actuouse xa en case 6.700 camiños cunha lonxitude de 5.200 quilómetros. A conselleira asegurou que o Goberno

autonómico seguirá a apostar pola colaboración institucional e por apoiar aos concellos na

mellora das súas infraestruturas rurais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page