top of page

Medio Rural inviste 225.000€ en traballos silvícolas preventivos no distrito forestal Deza-Tabeirós

Foron executados en montes de xestión pública de Agolada, Cerdedo Cotobade, Dozón e Forcarei buscan unha correcta prevención de problemas sanitarios causados por pragas e diversas enfermidades


Laura Moure/Deza

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro; polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; e pola alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro; comprobou o resultado dos traballos silvícolas fronte a pragas e enfermidades en masas de coníferas realizados no monte de xestión pública do Sixto desta localidade. Destacou que desde a Consellería investíronse máis de 225.000 para executar este tipo de tarefas en diferentes montes do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós, nos concellos de Agolada, Cerdedo Cotobade, Dozón e Forcarei.


Neste sentido, explicou que estes traballos silvícolas executados en montes de xestión

pública buscan unha correcta prevención de problemas sanitarios causados por pragas e

diversas enfermidades. No caso do Sixto, as tarefas realizáronse en máis de 5 hectáreas,

cun investimento superior aos 15.000 euros, e consistiron na roza, poda baixa e xestión de

restos nun rodal de piñeiro pinaster; así como a roza, poda alta e a xestión de restos nun

rodal de piñeiro de Oregón.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A conselleira salientou que estes traballos son un exemplo do labor que se leva a cabo

desde a Administración autonómica nos montes de xestión pública, co obxectivo de

mellorar as súas masas forestais. Neste senso, resaltou que Galicia conta con máis de

1.400 montes de xestión pública, que abranguen unha superficie de case 230.000

hectáreas, representado o 15 % da superficie forestal na comunidade. A maiores, tamén

puxo en valor que case a totalidade destes montes teñen algún tipo de certificación

sustentable.


Apoio á propiedade privada

A maiores, desde a Consellería do Medio Rural ofrécese apoio á propiedade privada,

fundamental para loitar contra o abandono do monte. Os propietarios afectados polas

enfermidades das bandas do piñeiro teñen á súa disposición tratamentos gratuítos para

facer fronte a esta doenza. Ao mesmo tempo, contan con outras accións como son as axudas para a silvicultura, dotadas na convocatoria deste 2026 cun orzamento de 15

millóns de euros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pasteiro no monte do Sixto

Ademais destes traballos silvícolas, a Consellería do Medio Rural tamén desenvolveu un

pasteiro neste monte do Sixto, cunha superficie de 13,5 hectáreas e un investimento de

máis de 177.500 euros. Este tipo de actuacións son fundamentais para o desenvolvemento

rural e redundan de xeito moi positivo na conservación da biodiversidade e nos

ecosistemas agroforestais, contribuíndo, ademais, á prevención de incendios forestais a

través dunha actividade como é a gandaría en extensivo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page