top of page

Medio Rural entrega os títulos de parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés, no concello de Santiso

Beneficia 370 propietarios e supón mobilizar preto de 850 hectáreas


Laura Moure/Santiso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo alcalde de Santiso, Manuel Adán; presidiu este venres o acto de entrega de títulos de propiedade da concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés, situada neste municipio coruñés, que beneficia 370 propietarios e supón mobilizar preto de 850 hectáreas.

En concreto, este proceso abrangue unha superficie de 846 hectáreas divididas

inicialmente en 3.087 parcelas cunha superficie media de 2.479 metros cadrados e, para o seu desenvolvemento, a Consellería do Medio Rural investiu máis de 2,3 millóns de euros..Tralos traballos realizados, a superficie media das fincas incrementouse ata os 8.412

metros cadrados e reduciuse o número de predios ata 910. Polo tanto, o número de

parcelas diminuíu nun 70% e a dimensión das mesmas multiplicouse por tres.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A conselleira destacou a importancia que teñen estes procesos de mobilización, xa que

contribúen ao desenvolvemento dos territorios, á redución do minifundismo e á mellora do rendemento sostible da actividade agroforestal. Neste sentido, reafirmou o compromiso do Goberno galego para axilizar estes procesos e, este mesmo ano, xa se entregaron os títulos de parcelarias en Xunqueira de Ambía, Oroso e onte tamén se fará entrega dunha nova en Lalín, a maiores desta de Santiso.


Gómez salientou que se seguirá apostando por estas ferramentas e detallou que desde o

ano 2020 xa se remataron 37 parcelarias, incluíndo as dúas entregadas hoxe, con preto de 25.000 hectáreas mobilizadas de máis de 19.300 propietarios. A maiores, puxo en valor as 30 concentracións parcelarias decretadas desde o 2021 en Galicia, a última en novembro

deste mesmo ano en Baleira, que abranguen algo máis de 25.500 hectáreas de case

16.500 titulares.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

No vindeiro ano, a Consellería do Medio Rural manterá o seu compromiso con estes

procesos de mobilización de terra cun investimento de 16,7 millóns de euros, case catro máis que os deste ano, co obxectivo de seguir avanzando con estes instrumentos que

facilitan o incremento o aumento da base territorial das explotacións.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page