top of page

Medio Rural destina uns 156.000 euros para a dinamización socioeconómica de Boimorto

A titular do departamento, María José Gómez, visitou onte o parque interxeracional promovido polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo


Laura Moure/Boimorto

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, realizou onte unha visita a este concello para visitar o parque interxeracional posto en marcha co apoio do programa Leader.

foto

Cun investimento de algo máis de 87.000 euros, este espazo de lecer para maiores e nenos busca promover o envellecemento activo e a socialización entre ambos nun entorno

seguro e adaptado ás distintas necesidades de cada un. Esta iniciativa, segundo destacou a conselleira, foi promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo e mellora as condicións de vida da poboación.


Neste sentido, a titular do Medio Rural tamén fixo referencia a outros apoios ao concello de Boimorto. Puxo como exemplo un investimento de preto de 69.000 euros para mellora de

camiños co obxectivo de facilitar o acceso a parcelas agrícola, concedidos a través do

Plan Marco 2024-2025. María José Gómez salientou que estas axudas contribúen a

fortalecer o tecido económico do sector primario.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En definitiva, a conselleira resaltou que todos estes apoios van encamiñados a favorecer a

dinamización socioeconómica das contornas rurais, neste caso do concello de Boimorto,

que ao mesmo tempo buscan fixar poboación nestas zonas.


Programa Leader

Este programa contribúe a mellorar as condicións para crear e manter emprego no rural, así como impulsar a economía con proxectos que xeran postos de traballo e asentan poboación. A medida atópase actualmente baixo o Plan Estratéxico da Política Agraria

Común e asinouse un convenio de colaboración cos GDR para a aplicación das

Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Deste xeito, o programa está dotado de 56,9 millóns de euros ata 2027, dos cales 17,6

millóns están destinados aos gastos de funcionamento e os 39,6 millóns adicionais son

para as operacións a terceiros que se executarán a través de liñas de achegas.

Anteriormente, mentres a medida Leader estivo enmarcada no Programa de

Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 aprobáronse máis de 1.500 proxectos, consolidáronse máis de 4.000 empregos e creáronse uns 1.100 novos. Neste

contexto o Goberno autonómico mobilizou máis de 169 millóns de euros cunha axuda

pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page