top of page

Medio Rural destaca o compromiso de Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia

A conselleira María José Gomez asistiu inauguración da nova planta de ovo elaborado desta empresa palense, situada no polígono lucense das Gándaras



Laura Moure/Palas de Rei

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este martes na inauguración da nova planta de ovo elaborado da empresa palense Granxa Campomayor, situada no polígono lucense das Gándaras, onde puxo en valor o traballo desta empresa familiar a prol da potenciación do sector avícola galego a través da innovación e a calidade.

A inauguración, que contou cunha visita polas instalacións, serviu para coñecer como se

traballará nela para elaborar o produto con ovo a baixa temperatura, conseguindo cociñalo

dentro da súa propia casca e deixándoo listo para consumir. A conselleira quixo resaltar

esta actividade e a contribución desta empresa para que o sector medre e se consolide

como unha potencia innovadora, ofrecendo valor engadido a un produto básico da

alimentación como é o ovo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Ademais, María José Gómez salientou que Campomayor é un exemplo da remuda xeracional pola que se está a traballar no Goberno galego dentro do sector primario, xa

que é unha granxa familiar que xa vai pola terceira xeración. Nesta liña, engadiu que

acadar esa remuda e favorecer a incorporación de mozos ao agro é unha das apostas da

Xunta para os vindeiros anos.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

As súas orixes

A Granxa Campomayor, empresa que iniciou a súa actividade en 1995, aínda que a súa

historia comeza en 1942, é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia con

preto de 480.000 prazas de poñedoras, o que supón máis do 46% do total das prazas coas que se dispón en Galicia. Esta planta únese ás instalacións coas que xa conta por varios puntos da xeografía galega: Ximonde e Campomayor, no concello de Palas de

Rei, Boimorto (A Coruña) e Vilalba (Lugo).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page