top of page

Medio Rural destaca o bo facer dos produtores da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa

Ecos da Comarca/Arzúa-A Ulloa

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu o sábado ao xantar de confraternidade organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa. Alí, destacou o bo facer destes produtores, que fan que Galicia sexa recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras pola excelente calidade das súas elaboracións. Ademais, sinalou que a produción de queixo contribúe a impulsar a transformación do leite dentro da comunidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Destacou que esta DOP, segundo os últimos datos dispoñibles, ten unha produción certificada anual de máis de 5,1 millóns de quilos e un valor económico estimado de 41 millóns de euros. Neste sentido, fixo referencia os outros tres queixos con distintivo de calidade que se elaboran na nosa comunidade: Cebreiro, San Simón da Costa e Queixo Tetilla.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Así, lembrou que a Consellería do Medio Rural impulsará a promoción e comercialización do queixo e demais produtos agroalimentarios galegos, no marco do paquete de medidas elaborado polo Goberno autonómico para defender o sector primario da nosa comunidade ante as implicacións do tratado UE-Mercosur.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page