top of page

Medio Rural dá a coñecer as novas fincas aos propietarios da parcelaria de Cercio, en Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os titulares das parcelas poderán presentar as alegacións que estimen oportunas a

este reparto de predios ata o vindeiro día 7 de marzo deste ano


Laura Moure/Lalín

Os veciños beneficiados pola parcelaria de Cercio (Lalín) coñeceron onte por primeira vez a proposta dos novos predios resultantes deste proceso, que abrangue unha superficie de algo máis de 483 hectáreas. Foi nunha xornada informativa celebrada no local social de Cercio con participación de técnicos da Consellería do Medio Rural e á que tamén asistiu o alcalde lalinense, José Crespo.

Esta concentración parcelaria interesa a un total de 270 propietarios. O número de parcelas de achega supera lixeiramente as 3.000 e os predios de substitución serán 630. O investimento realizado ata o de agora pola Xunta de Galicia nesta zona acada os

1.300.891 euros.


Neste caso, unha vez executada a rede de camiños principais, estase elaborando a nova

redistribución da propiedade que conformará o acordo de reestruturación parcelaria. Previamente haberá un prazo para a presentación de alegacións e, tralo seu estudo,

definirase o definitivo reparto coa aprobación do acordo.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os interesados recibirán un aviso por correo postal e poderán presentar as súas alegacións ata o vindeiro día 7 de marzo do presente ano 2025. Durante este tempo

poderán consultar os planos na web da Consellería do Medio Rural, no local social de

Cercio e na Oficina de Infraestruturas Agrarias de Lalín, e estableceranse uns días de

atención ao publico presencial no devandito local social de Cercio que serán publicados

polas mesmas canles.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page