top of page

Medio Rural avanza na colaboración cos grupos de desenvolvemento rural

O obxectivo é levar a cabo iniciativas enmarcadas no novo período da medida leader


Ecos da Comarca/Xeral

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo onte unha reunión cos presidentes e presidentas dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia para tratar diversas cuestións relacionadas co novo período do programa Leader. O motivo desta xuntanza, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Boqueixón, era falar de

futuro e das novas oportunidades e retos a abordar, co fin de que se convertan en

realidades prósperas. A conselleira reafirmou o importante labor que desenvolven estas

entidades en ámbitos diversos, focalizados no fomento do emprego nas contornas rurais

da nosa comunidade e co obxectivo de facer agromar e canalizar iniciativas e proxectos

que contribúan e impulsen a dinamización. Estiveron presentes representantes das comarcas como o alcalde de Lalín ou a alcaldesa de Boimorto.

Este novo período da medida Leader está enmarcado no Plan Estratéxico da Política

Agraria Común (Pepac) 2023-2027. Cabe sinalar que esta será a primeira convocatoria ao

abeiro do Pepac, xa que durante o período 2014-2020 esta medida estaba incluída no

Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR).


Así, lembrou que do orzamento total, que ascende aos 56,9 millóns, preto de 18 millóns se

destinarán aos gastos de funcionamento dos GDR, mentres que os 39,3 millóns de euros

restantes van dirixidos ao desenvolvemento de operacións a terceiros e se distribuirán

entre aquelas estratexias elaboradas polos GDR que foran seleccionadas para este

convenio. Este orzamento vaise executar a través de diferentes liñas de axudas ás que

poderán optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas, ao igual que

en anteriores convocatorias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

María José Gómez amosou o compromiso do Goberno autonómico cos GDR, baseados

nunha dinámica de traballo participativa, na que as opinións da cidadanía teñen un peso importante á hora de desenvolver iniciativas que melloren as condicións de vida das

poboacións rurais. Ademais, estes proxectos favorecen á remuda xeracional necesaria

para o medio rural.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page