top of page

Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria con máis de 2 millóns de euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son varias as beneficiadas


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) con 2,28 millóns de euros. Estes fondos servirán para financiar o traballo que realizan as diferentes entidades co obxectivo de desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, ademais de participar na rede galega

de epidemiovixilancia deste tipo de doenzas. Estas axudas, publicadas este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), benefician a 63 ADSG para o período 2024-2025. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son varias as beneficiadas.

Os programas de planificación zoosanitaria subvencionados con esta orde levaranse a cabo entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025. Estes proxectos reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e incrementan a posibilidade de acadar unha mellora da saúde animal da cabana gandeira galega.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O obxectivo principal destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Ademais, no contexto do mercado actual, resulta fundamental manter a salubridade animal mediante iniciativas destinadas ao control de determinadas doenzas, coa intención de manter a rendibilidade e asegurar a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal.


As ADSG tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. A través destas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan as agrupacións nos devanditos programas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Ligazón á orde no DOG na que se poden consultar as beneficiadas:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page