top of page

Medio Rural abre dende hoxe as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Deberase confirmar que se efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso


Laura Moure/Xeral

A Consellería do Medio Rural reactiva dende hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, así como as solicitudes de autorización por as de restos forestais amoreados.

ree

No caso das queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso hoxe, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a

normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste venres, 7 de novembro. 


Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012.

Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima

correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012,

deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar

queimas de restos forestais amoreados. Neste caso e como vén sendo habitual, cómpre

contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación.


Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da

Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de

prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días

laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para favorecer a

comunicación. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos

días que hai vento e altas temperaturas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page