top of page

Medio cento de veciños do Pino percorren a cuarta etapa do Camiño Inglés

Ecos da Comarca/O Pino

Máis de medio cento de veciñas e veciños do Pino cubriron este pasado sábado, 31 de maio, a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Montecelo (Parderne) e Santo Estevo de Cos (Abegondo). Durante a xornada, tiveron ocasión de desfrutar das fermosas paraxes da ría de Betanzos e repuxeron forzas no bar Carabel de Meangos.


O itinerario polo Camiño Inglés continuará en setembro no marco do programa Camiña e Descubre, organizado polo Concello do Pino para fomentar unha vida activa e saudable ao tempo que promove o coñecemento das distintas rutas a Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta oitava edición, o obxectivo é percorrer o Camiño Inglés en oito ou nove etapas, que se desenvolven o terceiro sábado de cada mes.






ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page