Medio cento de veciños de Cruces participaron nunha nova sesión de ‘Bailando Xunt@s’
- ecosdacomarca

- 6 feb
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrou o pasado mércores unha nova tarde de baile no Auditorio Xosé Casal.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Medio cento de veciñas e veciños cruceños, ademais doutros participantes de concellos próximos como Silleda, Lalín e Arzúa, reuníronse na sesión de ‘Bailando Xunt@s’, para bailar, compartir anécdotas do día a día e facer comunidade. A tarde estivo amenizada pola música de Carlos Manteiga, que puxo o ritmo para os bailes da veciñanza.
Publicidade
Como a xornada de baile coincidiu coa XXXIII Festa do Chourizo, a tarde finalizou da
mellor maneira posible, cunha rica merenda na que probaron os chourizos.







Comentarios