top of page

Medio cento de persoas da Asociación Mulleres Rurais Alecrín de Melide participou nun showcooking

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta iniciativa foi levada a cabo por Vegalsa-Eroski dentro da súa FoodTruck, que tamén estará nesta localidade este sábado


Laura Moure/Melide

A localidade de Melide é parada durante hoxe e mañá da FoodTruck Cata a Lata da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski coa que está a promocionar por Galicia as conservas galegas como alimento saudable e versátil a nivel culinario, en colaboración con ANFACO- CECOPESCA e a Consellería do Mar. Emprazada no seu establecemento Autoservizos Familia da localidade, ofrecerá nestas dúas xornadas degustacións a base de atún claro, bonito, zamburiñas, luras, sardinillas, mexillóns e

ventresca a quen compre conservas das marcas participantes nesta campaña como Calvo, Isabel, Cuca, Rianxeira, Friscos, Pescamar, Orbe, Gálica e Ribeira.

A FoodTruck hoxe en Melide.

Así mesmo, a compañía organizou un showcooking coa Asociación de Mulleres Rurais Alecrín para achegar na xornada de hoxe as bondades das conservas galegas a preto de medio centenar dos seus integrantes. Tras esta parada, a FoodTruck percorrerá nas próximas semanas de outubro as localidades de Betanzos (Eroski Center días 11 e 13), Mos (Eroski Center días 15 e 16), Vigo (Autoservizos Familia de San Andrés de Vigo días 19 e 20), Ourense (Eroski Center Vinte e un días 22 e 23), A Estrada (Autoservizos Familia días 26 e 27) e Sarria (Eroski Center días 29 e 30).


Compromiso coa produción local

A campaña conxunta de posta en valor das conservas galegas Cata a Lata foi presentada oficialmente o pasado mes de setembro en Vilanova de Arousa, percorrendo desde entón localidades de Galicia, ata un total de 16, para promocionar as conservas de peixe e mariscos, permitindo aos clientes de Vegalsa-Eroski gozar das mellores tapas do mar maridados con outros produtos galegos nas súas insignias Eroski e Autoservizos Familia.


Dende Vegalsa-Eroski lémbrase que esta acción conxunta pon de manifesto o compromiso de Vegalsa-Eroski coas conservas galegas, sendo esta categoría unha das máis representativas para a empresa no que a compras a provedores locais refírese, destinando o pasado ano á súa adquisición máis de 22 millóns de euros, un 9% máis que no ano 2019, dispoñendo así de 300 referencias nos seus lineais compradas a un total de 22 provedores, incluíndo a súa marca propia.


A compañía destaca tamén que esta campaña pon de manifesto o compromiso e colaboración entre fabricantes, distribuidores e institucións por un obxectivo común: satisfacer a un cliente que valora e demanda a produción local de Galicia, onde galego é sinónimo de calidade, tradición, innovación e saúde. Ademais, destácase que este investimento en conservas permite trasladar aos clientes un produto de proximidade saudable e nutritivo en liña coa aposta da empresa pola alimentación saudable e de proximidade.


Esta aposta tradúcese en que o 40% dos produtos dos seus lineais son locais, froito dunha relación de confianza sostida no tempo cos seus provedores. Na actualidade, a compañía mantén relacións comerciais con 914 provedores de proximidade e investiu durante 2020 395 millóns de euros en compras a produtores locais. Así mesmo, cabe destacar o impacto da actividade comercial de Vegalsa-Eroski coas empresas e institucións da industria alimentaria, o que supón un incentivo á xeración de emprego indirecto, en concreto máis de 6.000 postos de traballo, dinamizando un sector económico clave en Galicia como o primario.



NOTICIA RELACIONADA



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page