Medio cento de cruceños participou nunha andaina con motivo do Día da Actividade Física
- ecosdacomarca
- 9 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Medio cento de persoas participou este martes nunha andaina organizada polo Centro de Saúde de Vila de Cruces en colaboración co Concello. Fixeron 5 quilómetros en unha hora e media aproximadamente.

A gran maioría do grupo eran mulleres e había un par de octoxenarios que tamén completaron o percorrido no que tamén participaron as concelleiras Noemi Lois e Mireya Otero, ademais de persoal sanitario.
Publicidade
A actividade, que se celebrou ao abeiro do Día Mundial da Actividade Física, contou co respaldo da Policía Local e o monitor do ximnasio municipal. Os supermercados locais Fernández Torres e Merca Más prestaron o avituallamento dos andadores, que chegaron felices e contentos.
Comments