top of page

Medelo imparte un curso de voluntariado especializado na atención de persoas con discapacidade

As persoas interesadas en participar nesta formación teñen que reservar praza


Ecos da Comarca/Silleda

O centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

(COGAMI) ten en Medelo, no concello de Silleda, vai iniciar unha formación de voluntariado

especializado na atención a persoas con discapacidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta formación será dunha duración de 40 horas, co que iniciará o 27 de novembro e

rematará o 17 de decembro. As clases impartiranse de carácter semipresencial, combinará

a aprendizaxe a través da plataforma Moodle cunha sesión presencial que será o 5 de

decembro no centro de Medelo, en horario de 10 a 14 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As persoas interesadas en participar nesta formación, poden reservar praza chamando ao

teléfono 986 581 387 (en horario de 10:00 a 17:00 horas) ou enviando un correo electrónico

a voluntariado@cogami.gal


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page