top of page

Marzo, un mes de reivindicación da igualdade cun completo programa de actividades polo 8-M en Melide

Actualizado: 6 mar

O deporte, gran protagonista coa primeira edición do Encontro Mulleres Bocelo-Melide 10K


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha, co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller, un amplo programa de actividades que transcorrerán durante todo o mes de marzo, sempre coa igualdade efectiva entre mulleres e homes como obxectivo. A programación esténdese dos días 6 ao 27 do mes, e inclúe obradoiros, deporte ou teatro, alén do acto institucional.


A lectura do manifesto terá lugar este ano na véspera do 8 de marzo, o venres 7 ás 12 horas, diante da Casa do Concello (se as condicións climatolóxicas non o permitisen, alectura levaríase a cabo no Salón de Plenos). O texto volverá reivindicar unha serie de valores que impregnan a acción municipal, como son a loita pola igualdade en todos os

ámbitos, caso do laboral ou o doméstico, e a repulsa pola violencia de xénero en todas as súas expresións. Tamén será un momento de recoñecemento das mulleres que no día a

día loitan pola igualdade de dereitos e oportunidades.

FOTO

O domingo 9 celebrarase unha forma orixinal, diferente e saudable de reivindicar a igualdade, co I Encontro Mulleres Bocelo-Melide 10K, unha proba deportiva onde as participantes poden anotarse para andar ou para correr. A través dun espazo natural privilexiado e ao longo dunha ruta que atravesa a nosa comarca, o deporte e o feminismo

daranse a man a prol dunha sociedade mellor. As inscricións xa remataron o día 2 de marzo. A actividade está organizada pola AD Cerne, e conta coa colaboración do Concello de Melide.


Unha parte substancial das actividades vai dirixida á formación. Entre os xoves 6 e 13 de marzo, o Centro Social acollerá o obradoiro Raíces. Trátase dunha actividade para o desenvolvemento da autoestima e a construción de redes de apoio e empoderamento grupal para mulleres. As prazas son limitadas, polo que a inscrición debe levarse a cabo

canto antes no Centro Social ou no teléfono 981 50 57 06. O obradoiro desenvolverase en

horario de tarde, con comezo ás 17:30 horas.


O IES de Melide acollerá o seu propio obradoiro de formación, neste caso dirixido á mocidade. A través da actividade “PorNo(n) Educar”, o alumnado recibirá un obradoiro de educación sexual que fuxa dos roles de xénero e o discurso machista que impregna a pornografía, e promova unha visión da sexualidade igualitaria. O obradoiro desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O resto de actividades do 8-M botan man da cultura para a concienciación e a educación da mocidade. Por unha banda, o mércores 12 de marzo terá lugar a función “A igualdade

non ten truco” de Magia en la Manga para o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de educación

primaria de Melide. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, este espectáculo máxico

a prol da igualdade de xénero utiliza o ilusionismo e as vivencias das mulleres magas para transmitir unha mensaxe esencial. O martes 18, a escola infantil municipal acollerá a

función de teatro infantil “Zapatos”.


Este amplo programa municipal, diverso e orientado aos distintos segmentos de idade, pretende poñer de manifesto e complementar o labor que dende o Concello se leva a cabo de forma transversal a prol dunha sociedade de dereitos e oportunidades para todas

as persoas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page