top of page

Mary Quintero xa é Filla Predilecta do Concello de Melide

Actualizado: 18 abr

É pioneira da fotografía en Galicia, ademais dunha das primeiras mulleres en incorporarse a este campo técnico e artístico


Laura Moure/Melide

A fotógrafa Mary Quintero foi recoñecida onte como Filla Predilecta do Concello de Melide, nun emotivo acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Melide homenaxea así a traxectoria de Quintero, pioneira da fotografía en Galicia, ademais dunha das primeiras mulleres en incorporarse a este campo técnico e artístico.

O acto de distinción, onde estiveron representadas as distintas asociacións e entidades

locais, así como representantes do sector da fotografía, xunto cun nutrido grupo de veciños, comezou coa lectura do acordo plenario polo cal, unanimemente, se acordou o

nomeamento. A continuación, tomou a palabra a concelleira de Cultura, Ana Mosteiro, quen repasou e salientou os aspectos máis salientables da vida e a traxectoria artística e

profesional de Mary Quintero, nada en Melide en 1931.


Posteriormente, o alcalde, José Manuel Pérez Penas, fixo entrega do documento acreditativo e da insignia do Concello á homenaxeada, quen tamén recibiu un ramo de flores de mans da edil de Cultura.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pechou o acto a propia Mary Quintero, visiblemente emocionada, cunhas palabras nunha xornada tan especial. A homenaxeada quixo compartir con toda a veciñanza un anaco da

súa obra, polo cal doou dous cadros da súa autoría ao Concello de Melide. Ambas pezas quedarán expostas permanentemente no salón plenario.


Posteriormente, tivo lugar un ágape na entrada do Concello co que se puxo fin a unha cerimonia moi emotiva.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como salientou o alcalde durante a súa intervención, con este nomeamento Melide salda

unha débeda cunha das súas veciñas ilustres. Mary Quintero viviu os primeiros anos da súa vida en Melide, no estudio fotográfico de seus pais, Aurelio García Quinteiro e

Amadora Corredoira García, na ronda da Coruña. Tras varios anos en Lugo, onde realizou

a súa primeira mostra fotográfica, abriu un estudio en Vigo que estivo en funcionamento

durante case medio século.

Pioneira técnica e artística no mundo da fotografía, Quintero conta con numerosas distincións, entre as que salienta o premio como Mellor Fotógrafa de España en 1981 e a

Medalla de Bronce de Galicia de 2002. A estes recoñecementos súmase, en diante, o da

vila que a viu nacer.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page