top of page

Marta Lázara e Antía Framiñán proclámanse campioa e subcampioa galegas en lanzamento de peso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Lázara tamén se subiu ao podio en lanzamento de xavelina


Laura Moure/Deza

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Individual da categoría Sub18. Por parte do Club Atletismo Deza participaron as deportistas Marta Lázara e Antía Framiñán nas probas de lanzamento de peso e lanzamento de xavelina. En lanzamento de peso, ambas atletas dezás subíronse ao podio. Marta Lázara proclamándose campioa galega da proba, acadando unha marca persoal de 11,64 metros, e Antía Framiñán subcampioa, con 10,78 metros.

Por outra banda, na proba de lanzamento de xavelina Lázara volveu a subirse ao podio na segunda posición, tras conseguir unha marca de 35,19 metros, mentres que Framiñán acadou a cuarta posición cun lanzamento de 25,86 metros.


Desde o clube móstranse "orgullosos polos resultados acadados, xa que as dúas atletas

acadaron marcas persoais nas catro probas nas que participaron. Agradecemos o traballo do adestrador Nacho Castro e tamén do presidente do Club, Iago Pazos, quen é un referente en lanzamento de xavelina e foi o encargado de adestrar esa proba".


Campionato de España os días 28 e 29 de maio

"Esta fin de semana, o noso atleta Beltrán Rivas participará no Campionato de España individual na categoría Sub14, que se celebra en Torrevieja (Alicante) os días 28 e 29 de maio. Debutará nesta competición facendo as probas de 80 metros valados, salto de altura e salto de lonxitude", subliña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page