Marta Lázara do Club Atletismo Deza, campioa de lanzamento de peso en pista cuberta
- ecosdacomarca

- 22 feb 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Na pasada fin de semana o Club Atletismo Deza tivo representación en sendos Campionatos que se debutaron en Galicia. O sábado Marta Lázara e Antía Framiñán estiveron presentes no Campionato Galego Sub 18 en pista cuberta, que tivo lugar en Ourense. Por unha banda, Marta proclamouse campioa galega de lanzamento de peso en pista cuberta na súa categoría. Tamén participou en salto de lonxitude, onde obtivo un 5º posto. Pola súa banda, Antía participou en lanzamento de peso, quedando 6ª na final.

O domingo, tivo lugar o Campionato Galego Sub 20. "A nosa atleta, Mariem Khallouk, correu os 60 ml e os 200 ml, acadando un 12º e 14º posto. Tamén estivo no lanzamento de peso, onde quedou 3ª. Así mesmo, Noelia Reboredo participou en 60 ml e acadou un 6º posto en lanzamento de peso", sinala o clube.
Na mesma xornada, Beltrán Rivas debutou no Campionato Galego de Campo A Través Sub 14, na Lourenzá. Obtivo un tempo de 10’ 26” e quedou no posto 25.







Comentarios