top of page

Marta Klimasara, Noè Rodrigo e o profesorado do curso marcan o ritmo do penúltimo concerto do Merza Percusión

Laura Moure/Vila de Cruces

O pasado 20 de xullo, celebrouse o penúltimo concerto do Festival Internacional de Percusión (FIP) e do curso organizado por Merza Percusión, cunha proposta artística

que fixo un percorrido polas pezas máis representativas dos últimos 40 anos do

repertorio para percusión solista, combinando excelencia interpretativa e espírito

colectivo.

Os protagonistas da noite foron Noè Rodrigo, percusionista e membro do equipo directivo do curso, e a recoñecida intérprete internacional Marta Klimasara, profesora na Musikhochschule de StuSgart (Alemaña).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A velada comezou coa actuación de Marta Klimasara, que interpretou varios movementos da obra para marimba sola “Reflec5ons on the nature of water”, de Jacob Druckman. Noè Rodrigo continuou coa obra de Polo Vallejo, Tactus, para un set de multipercusión formado por congas e bongós. Interpretaron, a continuación, un dúo para marimbas de Tobias Brostrom, “Twilight”.


Para finalizar a súa participación no concerto, Marta deleitounos coa a coñecida obra para multipercusión “Rebonds”, de Iannis Xenakis. A organización quixo agradecer especialmente a presenza de Marta Klimasara, non só como artista convidada, senón tamén pola súa implicación activa no curso, compartindo ensaios, clases e experiencias co alumnado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O concerto pechouse cunha interpretación de Marimba Spiritual de Minoru Miki, unha obra de gran intensidade e carácter ritual, que contou coa participación de Noè Rodrigo e profesores do curso. Esta actuación final puxo o broche de ouro á noite, simbolizando o espírito de colaboración, entrega e celebración compartida que define tanto ao FIP como a Merza Percusión.


Este concerto adquiriu un significado especial ao enmarcarse na celebración do 20º aniversario de Merza Percusión, unha iniciativa que ao longo de dúas décadas vén impulsando a formación musical e a difusión da percusión contemporánea en Galicia, cunha clara proxección internacional.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page