top of page

María Varela, cociñeira da Parada das Bestas, de Palas gaña un dos Premios da Crítica de Galicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Recibe este galardón na categoría de cultura gastronómica


Laura Moure/Palas de Rei

Este sábado tivo lugar a ceremonia dos Premios da Crítica de Galicia na sede de Afundación en Vigo. Baixo a lema Galicia é infinda, do poeta Florencio Delgado Gurriarán, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural da comunidade, para presenciar este fallo. Entre eles, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que felicitou aos gañadores "dunha das grandes citas da cultura de Galicia".

No transcurso do acto, que foi conducido pola escritora Ledicia Costas, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia, fixo un percorrido pola memoria desta iniciativa pioneira organizada en Vigo desde hai 45 anos.


Desde comezos do mes de outubro, as 56 persoas compoñentes dos oito xurados han traballado e ditaminado de forma virtual sobre as propostas presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais.


En concreto, na modalidade de creación literaria, o elixido foi o escritor Manuel Rivas por Ou que fica fora, mentres que Xavier R. Mariñán fíxose co de investigación, por A figuración galega en Irlanda.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O premio de iniciativas culturais e científicas foi para a investigación do paleolítico das serras orientais na Cova Eirós e o de cultura gastronómica para María Varela, cociñeira da Parada das Bestas, de Palas de Rei.


Finalmente, Ugía Pedreira fíxose co premio de música, Mónica Alonso co de artes plásticas, Chévere co de artes escénicas e Atalante co premio de cinema e artes audiovisuais.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page