top of page
Foto del escritorecosdacomarca

María Sara Asunción Fernández celebra o seu 101 aniversario en Silleda

Foi mestra no colexio público desta localidade


Ecos da Comarca/Silleda

María Sara Asunción Fernández Blanco, veciña da rúa Pontevedra de Silleda, soplou onte as 101 velas. Coñecida por todos como dona Sara, da súa etapa como mestra no colexio público da localidade, reside na capital dezá con José Manuel, un dos seus dous fillos.

Pese a pequenos achaques como a perda de audición, dona Sara goza dunha excelente saúde e ludidez, como amosou este venres na conversa que mantivo ca alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, que a visitaron na súa residencia para darlle os parabéns en nome de toda a veciñanza.


Publicidade

Con varios netos e xa bisnetos, Sara, é unha das veciñas de Silleda que xa superou a barreira dos 100 anos. "


Publicidade

Dende o equipos de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page