Tamén trasladaron á subdelegada do Goberno a súa preocupación polo abandono da Casa de Correos, en cuxa rehabilitación o Goberno de España investiu máis de 600.000€ a través do Ministerio de Transportes
Laura Moure/Arzúa
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, mantivo este venres unha reunión coa Concelleira de Turismo, Begoña Balado, e o Concelleiro de Cultura, José Luís García, do concello de Arzúa, que tivo lugar na Subdelegación do Goberno. Na reunión tamén estivo o Encargado da comunicación da Festa do Queixo de Arzúa, Ramón Roldán.
Na reunión, os representantes municipais expuxeron á subdelegada a intención de traballar durante o presente ano nun programa de actividades encamiñado a obter a declaración de festa de Interese Turístico Nacional de cara á celebración do 50 aniversario da Festa do Queixo de Arzúa en 2025.
Publicidade
A primeira edición da Festa do Queixo celebrouse en Arzúa no ano 1975 e está adicada tanto a exaltar os diferentes queixos e productos autóctonos, entre os que están incluídos dentro da D.O. Arzúa – Ulloa, a D.O. de Tetilla, a de San Simón da Costa e o do Cebreiro; como a ofrecer diferentes actividades culturais e concursos. Dende a súa primeira edición, a festa do Queixo foi declarada de Interese Turístico pola súa gran afluencia de asistentes e a súa relevancia, tanto gastronómica como cultural e económica, para Galicia.
Publicidade
Casa de Correos
Asimesmo, os concelleiros arzuáns trasladáronlle á subdelegada do Goberno a súa preocupación pola situación de abandono da Casa de Correos, en cuxa rehabilitación o Goberno de España a través do Ministerio de Transportes investiu máis de 600.000 euros e que foi devolta ao seu titular, é dicir á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, nun acto o pasado 29 de setembro no que participou a subdelegada do Goberno.
Dende entonces a Casa de Correos permanece pechada e tal e como manifestaron os representantes municipais a poboación non pode facer uso do edificio.
Publicidade
A subdelegada do Goberno compromeuse a trasladar o convenio de reversión á Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo e reclamarlle a posta en funcionamento do edificio coa súa apertura para que poda ser aproveitado polos veciños e veciñas de Arzúa.
Comments