top of page

María Rivas destaca en Arzúa o papel das mulleres queixeiras cmo impulsoras da primeira Denominación de Orixe galega

Felicitou aos arzuáns e ás arzuás polo labor desenvolvido neste medio século da Festa do Queixo para impulsar “unha celebración que representa emprego, gastronomía e turismo, pero tamén diversión”



Ecos da Comarca/Arzúa

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou en Arzúa a importancia da muller dentro da industria do queixo e como impulsoras da primeira Denominación de Orixe Protexida de Galicia. Fíxoo na apertura da 50ª edición da Festa do Queixo desta localidade coruñesa, un acto no que aproveitou para felicitar á xente da localidade polo traballo desenvolvido neste medio século para impulsar “unha festividade que representa emprego, gastronomía e turismo, pero tamén diversión e alegría para veciños e visitantes”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A subdelegada, que estivo acompañada polo alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, incidiu en que “son elas, as mulleres queixeiras, as que fan desta terra unha referencia, poñendo o queixo de Arzúa á vangarda da gastronomía tanto galega como española e dinamizando a economía desta comarca”. Neste sentido, lembrou que o queixeiro é un dos sectores produtivos de referencia para Galicia dentro do campo gastronómico e, dentro del, Arzúa comanda indiscutiblemente a produción, con máis de 5,5 millóns de queixos elaborados o ano pasado, procedentes dos seus 16 queixerías en activo, unhas cifras que en España só supera a industria manchega. “Esa é a verdadeira importancia deste sector para Arzúa e para Galicia, que ademais este ano vese reforzada pola presenza da Asociación da Ruta Europea do Queixo”, sinalou María Rivas, dando a benvida a Arzúa aos seus integrantes.




Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A subdelegada aproveitou a súa presenza en Arzúa para trasladar a toda a veciñanza e ao seu alcalde o apoio do Goberno para que a Festa do Queixo alcance a consideración de Festa de Interese Turístico Nacional, “unha festa que nas súas últimas edicións sempre tivo ás mulleres no centro da celebración”, apuntou. María Rivas animou a toda a veciñanza a gozar da súa festa, do queixo e do resultado do excelente traballo realizado durante estes meses anteriores. Tamén quixo poñer en valor o traballo do Goberno, a través das Forzas e Corpos de Seguridade e en colaboración coa Policía Local, “para que todas aquelas persoas que gocen desta celebración fágano nas mellores condicións de seguridade para que, ano tras ano, poidan seguir regresando á gran festa do queixo galego”. A festa celebrase dende o venres ata hoxe, domingo. Máis datos: https://www.ecosdacomarca.com/event-details/50-festa-do-queixo-de-arzua


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page