Laura Moure/Melide
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, trasladouse esta fin de semana a Melide para visitar a feira de oportunidades Mercamelide que este ano chegou á súa 29ª edición. A subdelegada, que visitou cada un das 16 casetas que este ano participaron en Mercamelide, aproveitou para informar os comerciantes das axudas que o Goberno de Pedro Sánchez está a conceder á dixitalización das empresas, desde 0 a 49 traballadores, a través do programa Kit Dixital, incluído dentro do Plan de Recuperación.

María Rivas lembrou que as convocatorias para o Kit Dixital aínda continúan abertas e que o programa deixou na provincia 22,5 millóns de euros dos que se beneficiaron xa 4.500 empresas da Coruña Para este programa o Goberno lanzou tres convocatorias: unha de 12.000 euros para empresas de entre 10 e menos de 50 empregados, aberta ata o 15 de marzo; outra de 6.000 euros para empresas de entre 3 e menos de 10 empregados que se pode solicitar ata o 2 de setembro e unha terceira liña de 2.000 euros para autónomos con cero ou menos de tres empregados, aberta ata o 20 de outubro.
A subdelegada animou ás empresas que aínda non solicitaron o bono dixital a que o fagan e explicou que para iso poden contar coa axuda dos axentes digitalizadores habilitados que realiza un diagnóstico, os tutela, orienta e acompaña nese proceso digitalizador.
María Rivas felicitou a ASETEM (Asociación de Empresarios Terra de Melide) por proporcionar ao tecido comercial e empresarial do municipio unha rede de apoio e colaboración que redundan no avance de Melide “Un avance co que o Goberno de España está absolutamente comprometido como así o demostra as infraestruturas que está a executar na comarca como é o caso do tramo Melide Arzúa da A 54 que conta cun investimento de 116,5 millóns de euros e en pleno proceso de execución” lembrou a subdelegada, Durante a súa visita a subdelegada estivo acompañada polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez; polo primeiro teniente de alcalde, José Prado; polo concelleiro de promoción económica, José Iglesias e polo presidente de ASETEM, Manuel Vázquez.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments