top of page

María Magdalena Vázquez ocupa un novo despacho no Viveiro de Empresas de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O Viveiro de Empresas do Concello de Silleda acolle a unha nova emprendedora

silledense coma usuaria das instalacións deste centro municipal de emprendemento. A alcaldesa, Paula Fernández, e María Magdalena Vázquez Garabato asinaron este luns o contrato de cesión de uso dun dos despachos, o número 2.

Dende esta localización María Magdalena ofrecerá servizos de asesoría fiscal e contable. Deste xeito, son tres os despachos ocupados dos cincos que hai.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello recórdase ás e aos emprendedores interesados no Viveiro que poden consultar as bases de uso na web ou no taboleiro municipal ou dirixirse á Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica a través do enderezo electrónico emprego@silleda.es.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page