top of page

Manuel Taboada inicia a súa 7ª lexislatura consecutiva como alcalde de O Pino con maioría absoluta

Comprometeuse a poñer en marcha iniciativas "que beneficien a todas as persoas que viven no Pino e contribúan ao progreso do noso municipio"


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Laura Moure/O Pino

Manuel Taboada Vigo inicia hoxe a súa sétima lexislatura consecutiva como alcalde de O Pino con maioría absoluta, que nas eleccións do pasado 28 de maio incrementou ata os 7 concelleiros. No acto de constitución da Corporación do Concello de O Pino, celebrada esta mañá, Manuel Taboada comprometeuse a poñer en marcha iniciativas que beneficien a todas as persoas que viven no Pino e contribúan “ao progreso do noso municipio”.

O pleno da Corporación está formado por 7 concelleiros do PP (1.806 votos), 2 do BNG (592 votos) e 2 do PSdeG (482 votos). Tres son as novas incorporacións ao pleno, unha por cada grupo. Borja Castro (PP) e Consuelo Abel (BNG), ademais, conformaron a mesa de idade por ser os concelleiros de menor e maior idade, respectivamente. Polo PSdeG, Inmaculada Mosquera prometeu por primeira vez o seu cargo de concelleira.


"Ao rematar a sesión fíxose a foto de familia da nova Corporación, na que non quixeron saír os dous concelleiros socialistas", sinalan dende o Concello.


No seu discurso de toma de posesión, Manuel Taboada deu a benvida aos novos concelleiros e concelleiras e agradeceu a súa labor aos que os precederon, e aclarou que a responsabilidade dos once concelleiros, “máis aló das diferencias ideolóxicas”, é “buscar solucións e poñer en marcha iniciativas que beneficien a todos os veciños e veciñas do Pino”, engadiu. Taboada agradeceulle á veciñanza que volverán depositar a súa confianza no Partido Popular de forma maioritaria, o que lles permitiu sumar un concelleiro aos seis da pasada lexislatura. “Isto lévame a asumir aínda con máis responsabilidade o cargo de alcalde, tendo en conta sempre a premisa de que os veciños e veciñas serán sempre o primeiro”.


A continuación fixo mención a algúns dos proxectos que o novo goberno quere poñer en marcha nesta lexislatura, como a construción dun centro de día de 25 prazas “e seguir loitando por unha residencia para os nosos maiores”, reforzar os programas de conciliación e as axudas as familias, e aumentar o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar para mellorar a atención a todas as persoas que o necesiten. “Despois de ter xa consultado coa veciñanza as súas necesidades, faremos unha modificación puntual do PXOM para facilitar a construción de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais e permitir a expansión das explotacións agropecuarias”. Medidas que servirán para asentar poboación no rural e que o novo goberno que “complementar promovendo a construción de vivendas de promoción

pública”, dixo o alcalde.


Levar a fibra óptica a todos os fogares do municipio sen acceso a internet e aprobar unha ordenanza municipal para regular as vivendas de uso turístico, en coordinación coa Axencia Turismo de Galicia e coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño de Santiago, son outros dos obxectivos do novo goberno do Pino.

A súa traxectoria

Alcalde dende 1996 polo Partido Popular, Manuel Taboada conseguiu a súa primeira

maioría absoluta nas eleccións municipais de 1999. Nas seguintes citas electorais repetiu vitoria, ata o pasado 28 de maio, cando acadou a súa sétima maioría absoluta. Esta mañá, coa entrega do bastón de mando, o Concello de O Pino deu por comezada esta duodécima lexislatura, dende que en 1979 se celebraron as primeiras eleccións democráticas municipais.


A Corporación de O Pino para a presente lexislatura queda conformada polos

seguintes concelleiros:

  • Partido Popular: Manuel Taboada Vigo José Manuel Carreira López, Gerardo Pintor Gómez, Eva Varela Gago, Mercedes Vázquez Rodeiro, José Fuentes Barreiro e Borja Castro Hermida.

  • Bloque Nacionalista Galego: Xosé Luís Vidal Brocos e María Consuelo Abel Suárez.

  • Partido Socialista: Óscar Vilar Chento e Inmaculada Mosquera Pereiro.

NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page