A conselleira de Política Social e o secretario provincial do PP acudiron a presentación antes máis de 300 persoas
Laura Moure/O Pino
O actual alcalde Manuel Taboada Vigo encabeza de novo a lista do PP do Pino ás eleccións municipais do 28M coa intención de revalidar a maioría absoluta. Taboada estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e polo secretario provincial do PP, Evaristo Ben, na presentación da candidatura, que se celebrou o pasado venres diante de máis de 300 persoas na Casa da Cultura do Pino.

“Contamos cun equipo que ten experiencia de goberno e incorporamos xente xoven que está disposta a dar un paso adiante para traballar e defender os intereses de toda a veciñanza para que O Pino siga avanzando”, asegurou Manuel Tabada, alcalde do Pino dende 1996 e que se presenta por sétima vez como candidato do PP coa intención de revalidar a maioría absoluta que sempre tivo no equipo de goberno.
Os seis primeiros postos da candidatura ocúpao o actual equipo de goberno. A lista completa, con representantes das 13 parroquias do municipio, está formada pola
seguintes persoas:
1. Manuel Taboada Vigo (Pastor)
2. José Manuel Carreira López (San Breixo de Ferreiros)
3. Gerardo Pintor Gómez (Gonzar)
4. Eva Varela Gago (Arca)
5. María de las Mercedes Vázquez Rodeiro (Castrofeito)
6. José Fuentes Barreiro (Budiño)
7. Borja Castro Hermida (Cerceda)
8. Adrián Sánchez Suárez (San Mamede de Ferreiros)
9. Mercedes Muiño Dachile (Lardeiros)
10. Belén Villar Costoya (Medín)
11. Ángeles Salmonte Varela (Pereira)
12. Antonio Regueiro Suárez (Arca)
13. Daniel Segade Vazquez (Cebreiro)
14. José Manuel Cabaleiro Rey (O Pino)
15. Beatriz Espiñeira Varela (Lardeiros)
16. Helena Campos Aller (Arca)
17. Enrique Pazos Calvo (Medín)
18. Silvia Suárez García (O Pino)
19. Lourdes Suárez Casais (Castrofeito)
20. Lisardino Pazos Veiras (Pastor)
Comments