Manuel Trevín queda no segundo posto e Sergio Pena, en terceira posición
Ecos da Comarca/Monterroso
Os amantes do mundo do motor déronse cita este sábado en Monterroso. Disputouse a oitava edición do Slalom Concello de Monterroso no que participaron algo máis de 30 coches e ata alí desprazouse ECOS DA COMARCA.
Manuel Souto Paderne alcanzou a vitoria co seu Peugeot 205 GTI. No segundo posto quedou Manuel Trevín a bordo do seu BMW Compact e en terceira posición, Sergio Pena co seu Citroen Saxo VTS.
Cabe mencionar que en cuarto lugar quedou o veciño de Monterroso Mario Saa.
Podedes ver a clasificación completa no seguinte enlace:
Comments