Manuel Garrido incorpórase como novo axented a Policía Local de Silleda tras tomar posesión
- Laura Moure

- 11 dic 2025
- 1 min de lectura
Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa reforzando o cadro da Policía Local coa incorporación dun novo axente. Manuel Garrido Fernández vén de tomar posesión do seu posto como funcionario en prácticas, nun acto no que estiveron presentes a alcaldesa, Paula Fernández, e o xefe da Policía Local, Antonio Gil
Tras a toma de posesión, o axente continuará o seu proceso formativo na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) antes da incorporación definitiva á plantilla municipal, tal e como establece o procedemento.
Publicidade
A praza fora adxudicada tras superar a correspondente convocatoria a través da AGASP, enmarcada no convenio entre o Concello e o organismo autonómico. Esta incorporación forma parte da Oferta Pública de Emprego (OPE) do Concello de Silleda para o ano 2025, que inclúe tamén unha praza de oficial, xa convocada.
Publicidade
A alcaldesa destacou a necesidade de fortalecer o servizo de seguridade cidadá no municipio. “Para este goberno é prioritario mellorar os recursos coa fin de garantir un
servizo máis próximo e eficaz. A incorporación deste novo axente é unha noticia moi positiva para Silleda, e supón un paso máis na mellora da seguridade e da atención á nosa veciñanza”.








Comentarios