top of page

Manuel García Deza e Patricia Hermida Deza, serán os números tres e catro da lista do PSOE de Camba

Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSOE de Rodeiro deu a coñecer este sábado a dúas novas persoas que formarán parte da súa lista para os vindeiros comicios municipais. Son Manuel García e Patricia Hermida.

"O PSOE incorpora a Manuel García Deza, o mellor concelleiro de Servizos Básicos e Obras que tivo Rodeiro", como número tres da candidatura. É un orgullo para min contarvos que o Deza, como todos o coñecemos en Rodeiro, é o número tres da nosa candidatura e un aval de que Rodeiro abandonará a política de pistas desfeitas, obras que caen a cachos e construcións inútiles", subliña o candidato, José Luis Camiñas. "Sabe como hai que facer as cousas e ten ansia de facelas. Será o encargado de que as infraestruturas sexan unha solución e non un problema no noso concello".

Natural do Az, gandeiro e responsable dun negocio de produtos agrarios, o Deza aúna experiencia política con ilusión e madurez con entusiasmo.


"Hoxe tamén vos anuncio que a número catro da candidatura será Patricia Hermida Deza, veciña de Arnego, graduada en Mestra de Educación Infantil e con ganas infinitas de traballar polo seu pobo".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page