top of page

Manuel Cuiña trasladou á Xunta as queixas pola liña de autobús entre Santiago e Ourense

O rexedor silledense mantivo este martes un encontro ca Xefa territorial de Mobilidade da Coruña, Judit Fontela


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, mantivo este martes un encontro ca Xefa Territorial de Mobilidade da Coruña, Judit Fontela Baró, para abordar os distintos problemas detectados ca liña de autobús entre Santiago e Ourense que realiza a empresa Monbús.

Cuiña, que entregou personalmente as 154 sinaturas da veciñanza de Silleda apoiando un escrito de queixa por distintas incidencias, sinala que dende a xefatura territorial se comprometeron a estudar e analizar ca empresa operadora todas estas situacións. “Se ben descoñecían estas irregularidades, nos trasladan que o estudarán ca empresa e lle requerirán para que se solucionen”, engade o rexedor que agradece á xefa territorial a súa disposición para abodar esta problemática.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Entre as incidencias manifestadas pola veciñanza e persoas usuarias da liña de autobuses Santiago-Ourense, a máis utilizada con diferencia polos veciños e veciñas de Silleda, figuran ademais de retrasos o solapamento de liñas nalgún caso ou situacións nas que o autobús non parou nas distintas paradas establecidas.


No caso do solapamento do servizo, pode deberse, segundo explicaron dende a xefatura territorial, á coincidiencia das liñas entre A Coruña-Ourense (con 3 liñas diarias) e A Coruña-Lugo, que saen con escasa diferencia de tempo. “Agardamos que as incidencias se poidan solventar para o axeitado funcionamento desta liña de transporte público que cada vez utilizan máis persoas”, indica Cuiña.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Autobús personal sanitario

Aproveitando tamén esta xuntanza (que inicialmente estaba prevista para o xoves), o alcalde de Silleda tamén lle trasladou as peticións do personal sanitario que traballa no Complexo Hospitalario de Santiago, para realizar reaxustes horarios na saída da liña de autobús dende Lalín.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page