top of page

Manuel Cuiña: "Temos que sentirnos orgullosos de vivir neste concello"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Na cita dos socialistas na Bandeira, o candidato silledense comprometeu "aínda máis traballo xunto ao mellor equipo"


Ecos da Comarca/Silleda

Nun auditorio ateigado de veciños e veciñas, Manuel Cuiña fixo a presentación da súa candidatura "23 mulleres e homes que hoxe están aquí para comprometer aínda máis traballo que nos permita continuar nesta senda de crecemento que iniciamos fai 16 años"

O candidato socialista de Silleda fixo un repaso pola historia dos últimos anos. "Vimos de pasar un mandato marcado pola pandemia e a guerra de Ucraína e alza de prezos enerxéticos derivados dela" e recordou como “aínda así fomos quen de rematar a práctica totalidade do programa co que nos presentamos fai catro anos”

Fixo repaso tamén das melloras sociais que se teñen producido "derivadas dunha política ben empregada para e por as persoas" xa que grazas acreación de novos servizos e dotacións se ten conseguido que "sexamos o único concello da comarca que medra en poboación" un fito histórico que de seguro vai a mellorar coa recente entrada en vigor do PXOM. "Temos que sentirnos orgullosos de vivir neste concello, e de todas as posibilidades que agora se abren"

Degranou unha por unha todas e cada unha das novidades que chegarán co desarrollo urbanístico. “Máis solo industrial xa comprometido coa Zona Franca, novas dotacións e novas zonas verdes, sen esquecer que poderemos voltar a construír no rural, algo que non sucedía dende 2012”. Non deixou pasar a ocasión para lamentar a decisión da Xunta de suprimir a área de reparto da carballeira da empanada "no tempo de desconto da tramitación do plan e de forma totalmente sorpresiva" comprometéndose cos asistentes a "traballar fronte a quen sexa para conseguir que ese pulmón verde permaneza inalterado e que Bandeira poida crecer o seu arredor".

Recordou ademais que "deixamos atrás años escuros nos que non había nin para contratar unha carretilla de area a ser o Concello que mellor paga de toda Galicia, segundo información do Ministerio de Facenda", polo que agora considera que "non é o momento de voltar atrás. É o momento dun goberno con garantía de xestión".

Tamén fixo repaso das infraestruturas que se fixeron na Bandeira nos últimos años como o campo da Gandareira e o ultimo compromiso acadado co Goberno de España para a renovación integral da praza da feira. "Temos xa 800.000 para renovar integralmente este espacio que xunto coa licitación do parque infantil e a mellora da coñecida como Praza de Pichel convertirase nun autentico revulsivo urbanístico na vila".

Completou a súa intervención co anuncio da creación das sendas da Casela "un proxecto que xa está en marcha gracias a Deputación e o Plan de Sostenibilidade turística Deza Tabeiros" e a mellora das rúa da Empanada. "O proxecto está xa redactado e buscaremos a financiación en Europa"

Sobre esta última cuestión concluíu que "Silleda é un dos concellos do seu rango de poboación que máis recursos europeos está captando de toda Galicia" polo que queda máis que demostrado que "queremos, podemos e sabemos xestionar con solvencia. Non é momentos de cambios". Lamentou as criticas que outras forzas políticas fan sobre as grandes obras que se están a facer grazas a estes recursos. “Traer recursos europeos para facer grandes obras supón, non só construír novas dotacións senón que creza a economía. Quen non o entenda e que non ten miras ambiciosas para este pobo”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No acto interveu tamén Mónica González, número dous da candidatura que recordou a resposta que deu o Goberno na pandemia a través do Programa Silleda Reactiva “para dar axudas en menos de 20 días á xente que tan mal o pasou nesa terrible crisis” ou o PROGRAMA moVEMOS SILLEDA “para axudar as nosas bandas e agrupacións musicais para que continuaran coas dúas actuación” e tirou de ironía para dicir que “mentres nós traballamos outros, esfórzanse o xusto e copian os nosos slogan para facelos seus cambiando unha única letra” en referencia ao Movamos Silleda do Partido popular “quen sabe a onde nos queren mover. Mellor non darlle opción”

Finalizou o seu discurso recordando a forma de gobernar de Manuel Cuiña e todo o seu equipo. “Sempre poñendo os intereses das e dos veciños por encima de calquera sigla política”

O acto pechouse coa presentación, "da única candidatura de toda Silleda que se presenta completa, 13 titulares e 10 suplentes. Somos a única opción política que se presenta completa e cremalleira, con experiencia e novas incorporacións que chegan con moitísima forza para traballar”, dixo o actual alcalde.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page