Manuel Cuiña sinala que só a papeleta socialista garante “máis investimento, máis servizos e máis e mellor emprego para a nosa comarca”
- ecosdacomarca
- 17 feb 2024
- 2 Min. de lectura
Os socialistas reclaman un cambio liderado por Besteiro para abrir "un tempo novo de progreso e oportunidades para a comarca de Deza"
Ecos da Comarca/Lalín
O candidato ao Parlamento de Galicia, Manuel Cuiña, pediu “non resignarse e mobilizar o domingo ata o último voto progresista para dicirlle adeus a quince anos nefastos para a nosa comarca a causa das políticas do PP e abrir un tempo novo de dereitos e oportunidades para o Deza da man dun goberno socialista liderado por Besteiro”. Cuiña fixo estas declaracións nun acto na Sala Moderno do Café Camilo de Lalín acompañado pola secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, o eurodeputado, Nicolás González Casares, e o concelleiro e suplente na lista de Pontevedra, Mario López.

O exalcalde de Silleda, lembrou que “tamén en Silleda nos dicían que era imposible botar ao PP, pero non nos resignamos, déronnos a oportunidade e os socialistas xa levamos case 20 anos de goberno no que transformamos o noso concello”. Así, pediu estender o acontecido en Trasdeza ao conxunto de Galicia, lembrando que “só a papeleta socialista garante “máis investimento, máis servizos e máis e mellor emprego para a nosa comarca”. “Apoiar un cambio socialista o domingo é apostar con seguridade por poñerlle fin á Galicia de dúas marchas, na que o PP se esquece dos concellos do interior”, incidiu.
Publicidade
Nicolás González Casares subliñou o “nerviosismo dun PP que sabe que vai perder o goberno” e alertou de que “cando teñen medo é cando xogan máis sucio”. Por iso, incidiu en que “o domingo veremos á “santa compaña do PP” carretando xente para levala votar,
porque non van deixar un só voto na casa. Temos que contrarrestar iso mobilizando a todos e todas as progresistas, porque somos máis os que queremos cambio e o cambio seguro ten que vir da man do PSdeG e de Besteiro”, engadiu.
Alba Forno acusou ao Partido Popular de Rueda e Feijóo “de esquecerse da nosa comarca e de ver a Galicia interior só como un graneiro de votos”. Pediu o apoio a Gómez Besteiro para “frear a perda de poboación, para que non haxa que esperar quince días para ir ao médico de cabeceira, para que Lalín conte cunha segunda ambulancia ou para que haxa suficientes prazas nas escolas infantís coas que os pais e nais poidan conciliar”.
Publicidade
Forno lembrou que “a urnas chegas este domingo, cambio seguro” e recordou que Manolo
Cuiña é a mellor garantía para traballar polo Deza desde o Parlamento de Galicia.
Commentaires