Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda Manuel Cuiña presentará mañá pola mañá a revogación da súa dimisión despois de que os socialistas silledenses acadaran un acordo nas últimas horas co BNG, un escrito do que se dará conta ao Pleno ordinario (18:00 horas) e que se transcribe nas súas partes máis importantes:
“Despois de acadar un Acordo Político entre os grupos municipais do PSdeG-PSOE e o BNG de Silleda co que se abren novas canles de entendemento e convivencia na procura da mellora do benestar das persoas e do futuro socioeconómico e medioambiental do
Concello de Silleda, medito a miña decisión tendo en conta que non transcorreron os 10 días hábiles para dar conta ó Pleno e que, polo tanto, aínda non se tomou en consideración por tal órgano o meu escrito do día 19 de xullo, decido RETIRAR a miña renuncia, tanto ó cargo de Alcalde como ó de Concelleiro, deixando sen efecto o mencionado escrito.”
A presentación deste escrito deixa sen efecto a dación de conta da súa dimisión que se incluía na orde do día da sesión. O Partido Socialista celebra esta decisión tendo en conta que Manuel Cuiña é clave no goberno municipal.
ACORDAN, elevar a pleno a seguintes propostas
PRIMEIRO.- En relación as Retribucións de cargos electos locais con adicacións exclusivas ou parciais, o BNG compromete o seu voto a favor da seguinte proposta :
1º.- Que aqueles membros da Corporación que desenvolvan as súas actividades en réxime de dedicación exclusiva ou parcial perciban as retribucións que se indican a continuación, non podendo percibir indemnización algunha pola asistencia a sesións dos diferentes órganos municipais e doutros organismos, sen prexuízo das
indemnizacións que lles correspondan polo exercicio do seu cargo:
1. Alcaldía (dedicación exclusiva): 3.428,57 € brutos/mes. (48.000€ brutos anuais, en 14 pagas)
2. 1º Tenente de Alcalde. Concellería de Xestión Social: Cultura. Deporte, Mocedade, Voluntariado, Normalización Lingüistica e Participación Cidadá (dedicación exclusiva): de 2.192,86 € brutos/mes (30.700 anuais en 14 pagas)
3. Concellería de Xestión de Benestar e Igualdade: Benestar Social, SAF, Maiores,
Igualdade, Sanidade, Educación e Diversidade (dedicación exclusiva): 1.878,57 € brutos/mes (26.300 € en 14 pagas).
Ditas retribucións, que terán carácter retroactivo dende o nomeamento como Alcalde ou como Concelleiro/a delegado/a, veranse incrementadas segundo a normativa que modifique o previsto no artigo 65 bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réximen local, segundo a redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da administración local
Publicidade
SEGUNDO.- O BNG compromete o seu voto a favor á proposta de instar ao servizo municipal de Intervención a realizar unha modificación orzamentaria por un importe
de TRES MIL EUROS ( 3.000 euros) dende a partida 912.100.00 orzamento municipal do ano 2022 prorrogado a 2023 para a retribucións de cargos electos locais con adicación exclusiva o parcial , á partida 334.48 destinada ás subvencións municipais por concorrencia competitiva a entidades veciñais e/ou de participación social.
TERCEIRO.- O BNG compromete o seu voto a favor en relación ó número,
características e retribucións do persoal eventual e para o correcto funcionamento do Concello, en aras de poder ofrecerlle á cidadanía información sobre a xestión municipal diaria do goberno, así como reforzar as relacións institucionais con outras Administracións e de servir de apoio administrativo ao goberno, considérase necesario contar cunha praza de persoal eventual coas seguintes características:
Denominación: Secretaria particular da Alcaldía.
Número de postos: 1
Características: Cargo de confianza da Alcaldía á quen lle corresponde o seu nomeamento e cese.
Cesará automaticamente cando cese a autoridade que o nomeou.
A dedicación plena do citado persoal implicará, ademais do cumprimento da xornada laboral ordinaria do resto do persoal municipal, a incompatibilidade para todo tipo de
actividades públicas ou privadas, por conta propia ou allea, de carácter retribuído, nos termos establecidos para o persoal funcionario, debendo estar a disposición da Corporación en calquera momento que sexan requiridos para elo.
As súas funcións serán:
a) Organización da axenda protocolaria.
b) Apoio administrativo a Alcaldía.
c) Desenrolo de función propias de Secretaría adxunta a Alcaldía.
d) Funcións de asesoramento a Alcaldía no marco da súa pericia.
e) Control e seguimento de expedientes baixo directriz da Alcaldía.
f) Xestións con terceiros baixo o mandato expreso e directrices do Alcalde.
g) Encomendas relativas a un tema concreto e específico.
h) Todas aquelas outras que lle sexan conferidas pola Alcaldía ou polos demáis concelleiros delegados.
Retribucións: Salario base: equivalente a un Grupo C1: 10.036,92 €
Pagas extraordinarias: 3.557,60 €
Complemento de destino: nivel 18, importe. 5.503,68 €
Complemento específico: 7.167,00 €
TOTAL RETRIBUCIONES ANUAIS: 26.265,20 €.
Ditas retribucións veranse incrementadas segundo a normativa que modifique o previsto no artigo 65 bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réximen local, segundo a redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da administración local.
NOTICIA RELACIONADA:
A noticia da dimisión de Manuel Cuiña o pasado día 19: https://www.ecosdacomarca.com/post/dimite-manuel-cui%C3%B1a-como-alcalde-de-silleda
Commentaires