Manuel Cuiña propón un programa de atención á neurodiverxencia e un plan de saúde mental
- ecosdacomarca

- 11 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O programa electoral do candidato socialista de Silleda e actual rexedor, Manuel Cuiña, incluirá entre as propostas para a integración social destacadas novidades de cara ao vindeiro mandato. Así, o seu equipo inclúe entre as novas propostas un Programa Integral de Atención á Neurodiverxencia, para dar resposta ás necesidades de persoas con distintos trastornos (espectro autista, TDAH...).
Tamén figura entre as propostas un Plan de Saúde Mental, “xa eu o benestar emocional da cidadanía e fundamental”, engade o candidato. Así mesmo, propón a creación dunha oficina de voluntariado para a xestión e promoción deste, creando grupos por áreas e idades.
“Silleda xa é hoxe un municipio integrador a así queremos seguir sendo”, sinala Cuiña. Neste senso lembra iniciativas como Silleda Solidaria, -en marcha dende 2012-, o aumento nas axudas de emerxencia social dos últimos anos, ou o programa Silleda
Accesible, para a eliminación de barreiras arquitectónicas
Tamén destaca o traballo realizado para a atención das persoas migrantes, con iniciativas como o programa Anduriña, que continúa con éxito para a integración deste colectivo.







Comentarios