Manuel Cuiña propón crear un observatorio municipal para a igualdade de trato
- ecosdacomarca

- 13 may 2023
- 1 Min. de lectura
O seu equipo porá en marcha novas iniciativas ademais de desenvolver o actual plan de igualdade 2023-2026
Ecos da Comarca/Silleda
O equipo liderado polo candidato socialista á Alcaldía de Silleda, Manuel Cuiña, inclue no seu programa electoral distintas medidas para promover a igualdade. Ademais de desenvolver o plan municipal de Igualdade 2023-2026, Cuiña propón crear un observatorio municipal para a igualdade de trato, incorporando distintos axentes sociais.

“Tamén apostaremos por axudar a mulleres emprendedoras e crearemos o programa Inspira, para visibilizar o papel da muller en distintos ámbitos".
Entre as novidades do programa destaca tamén a aplicación dun modelo de urbanismo feminista, priorizando as tarefas do coidado, asociadas ás mulleres ou por formentar zonas de encontro e socialización, entre outros. "Ademais, continuarase co traballo realizado dende o Centro de Información á Muller (CIM), con programas como Coeducamos, para previr condutas machistas, ou o Servizo Lúdico Educativo, como apoio á conciliación familiar, sen esquecer a promoción de actividades para a normalización do colectivo LGTBIQ+".
Estas iniciativas forman parte dun dos eixos do seu programa, (a Silleda das persoas), que xa se está a presentar nos mítines da formación. Despois das primeiras citas de onte en Oleiros e Cortegada, o grupo de Manuel Cuiña estará hoxe, sábado, en Pazos (12:00 horas); Margaride (21:00 horas) e Escuadro (22:00).







Comentarios