top of page

Manuel Cuiña mantivo un encontro ca veciñanza de Oleiros para abordar cuestións sobre a parcelaria

Trasladará a Medio Rural as inquedanzas dos veciños, así como a petición de ampliar algúns dos viais existentes nos tramos onde sexa posible


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo xunto co concelleiro de Medio Rural, Jesús Taboada, un encontro esta martes na parroquia de Oleiros, para recoller as inquedanzas sobre o proceso de reestruturación parcelaria.

O rexedor explicou que o Concello de Silleda mediará ante Medio Rural para solicitar que se teñan en conta algunhas das advertencias dos veciños e que reclamará, entre outras cuestións, que se amplíen viais existentes aproveitando o proceso, nos tramos onde sexa posible.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“De nada serve facer pistas de 5 ou 6 metros de ancho se estas desembocan noutras pola que apenas pode circular un vehículo”, sinala o alcalde, que nos próximos días trasladará a Medio Rural estas peticións.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page