top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Manuel Cuiña lembra os 2,7 millóns de euros xa comprometidos para seguir humanizando as vilas

O candidato e actual alcalde de Silleda presenta o modelo de vilas para o municipio, onde a humanización e recuperación de espazos públicos para as persoas será a clave

Ecos da Comarca/Silleda

O candidato e actual alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, deu a coñecer este martes o modelo de vilas para o municipo que contempla no seu programa, co desenvolvemento do PXOM que entrou en vigor o pasado día 8 como clave.

Cuiña lembra que "a día de hoxe xa están comprometidos 2,7 millóns de euros para acometer o Camiño Escolar Seguro ao IES (431.000 euros a través do DUS 5000); as sendas peonís entre a N-525 e Toiriz; e na remodelación da praza da Feira da Bandeira e todo o seu entorno, con 1,2 millóns de euros tamén a través do DUS 5000 e a dotación de sendas na Casela a través do Plan de Turismo Sostible".


“ E ademais temos xa solicitados outros case 2,5 millóns euros para mellorar a seguridade e humanizar toda a zona deportivo-escolar de Silleda e a remodelación integral da avenida do Parque”, sinala o candidato.


Tamén están en fase de redacción xa os proxectos para a rúa Antón Alonso Ríos e barrio de Outeiro e na Bandeira a rúa da Empanada. “Ademais do Plan Xeral, que abre unha oportunidade única de futuro para todo o municipio, tamén contamos co Plan de Mobilidade Urbana Sostible aprobado neste mandato como folla de ruta”.

Cuiña lembra que as remodelación da rúa Progreso, financiada nun 80% con fondos europeos e que ademais xenerou beneficios en Silleda durante a realización das obras, abriu un modelo de urbanismo pensado para as persoas que se continuará noutras rúas no vindeiro mandato.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page