top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Manuel Cuiña denuncia en Rodeiro "o desprezo do PP ás políticas de vivenda pública nas comarcas de Deza e Tabeirós"

Critica que en 15 anos apenas se construíran 30 vivendas na zona, mentres o rexistro de demandantes rolda as 300 persoas


Ecos da Comarca/Deza

O candidato socialista ao Parlamento de Galicia, Manuel Cuiña, criticou este luns "o desleixo da Xunta coas políticas de vivenda nas comarcas de Deza e Tabeirós Montes". "Un abandono que se exemplifica", afirmou, "en que en 15 anos apenas construíron 30 vivendas, mentres o rexistro de demandantes achégase ás 300 persoas".

Manuel Cuiña visitou o concello de Rodeiro para manter un encontro co seu alcalde, José Luis Camiñas, onde se constatou a problemática da falla de vivenda pública. Alí achegáronse a uns terreos de desenvolvemento urbano onde a Xunta podería edificar novos fogares de promoción social, que a día de hoxe non existen neste concello. “Fixar poboación nos pequenos municipios do rural debe ser unha prioridade para calquera

goberno, pero a o PP mira para outro lado, como se demostra en Rodeiro”, alertou Cuiña.


Publicidade

O número 6 da candidatura socialista de Pontevedra lembrou que segundo o rexistro de demandantes de vivenda concellos como Lalín teñen máis de 70 demandantes, A Estrada case 100 e Silleda supera os 50. “Hai, polo tanto, un problema estrutural coa vivenda na nosa zona á que o PP de Rueda e Feijóo non foi capaz de darlle resposta nos últimos quince anos”, subliñou.


Fronte o desleixo da Xunta, Cuiña recordou o compromiso do candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, de devolver a vivenda pública ás prioridades do goberno autonómico executando 2.500 vivendas ao ano “coas que recuperar o tempo perdido e reverter a pésima herdanza de Feijóo e Rueda”. “Para o PSdeG”, dixo “é fundamental ofrecer alternativas de emancipación para as persoa máis vulnerables e, sobre todo, para a xuventude”, sinalou.


Publicidade

Camiñas, polo seu lado, asegurou que ausencia de vivenda pública en Rodeiro “está obrigando á mocidade a desprazarse a outros municipios de maior dimensión onde buscar alternativas habitacionais, acelerando a perda de poboación que sofre o rural”. “Sen un compromiso firme coa política de vivenda esta situación non se poderá mudar e o cambio pasa por un goberno socialista na Xunta a partir do día 18”, incidiu.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page